STAR WARS: CONQUEST OF THE EARTH
PRIMEIRO TRIMESTRE
STAR WARS: CONQUEST OF THE EARTH
PRIMEIRO TRIMESTRE
Xa Coñeces o escondite do Mestre Yoda. Agora é de vital importancia chegar ata él. Él é a única esperanza para a supervivencia da Terra e os seus habitantes.
Darth Sidius está armando unha segunda estrela da Morte ainda máis destructiva que a primeira. O tempo agora mesmo corre na nosa contra.
Se Yoda recibe a mensaxe teremos unha oprtunidade de formar un exército para enfrontarnos o Lord Sith, senon...estamos perdidos.
MISIÓN 3:
REINO ANIMAL
INVERTEBRADOS: O INIMIGO OCULTO
VERTEBRADOS: DOMIÑANDO A TERRA
OPENING...
MISIÓN 3:
REINO ANIMAL
O reino animal
está formado polos animais que habitan o planeta Terra. Os
seres humanos tamén formamos parte deste reino, xa que
compartimos cos animais unhas características comúns.
Os animais son seres que obteñen o alimento doutros seres
vivos e que teñen capacidade de movemento, é dicir, se
desprazan.
Existen moitos animais diferentes, así que para estudalos se
clasificaron segundo unhas características comúns. Para
facer a principal clasificación, tomouse en conta unha
característica moi importante, a columna vertebral. Desta
maneira, clasificamos os animais en dous grandes grupos: os
vertebrados, que teñen columna vertebral, como o ser humano,
a vaca, a troita e a ra, e os invertebrados, que non teñen
columna vertebral, como as moscas, o saltón ou o caracol,
por exemplo.
1 INVERTEBRADOS: O INIMIGO OCULTO
"A morte é parte natural da vida. Alégrache dos que che rodean, quen se transforma na Forza" Yoda
Os animais
invertebrados forman o grupo máis numeroso. Son aqueles que
non teñen columna vertebral nin, xeralmente, esqueleto
interno. Presentan formas variadas e moitos teñen o corpo
brando. Por este motivo, algúns desenvolveron unha
protección externa, a modo de cuncha ou cacho, que actúa
coma se fose unha armadura. Este é o caso, por exemplo, dos
caracois ou os escaravellos.
Os animais invertebrados son en xeral ovíparos, é dicir,
nacen de ovos. Clasifícanse en esponxas, cnidarios, vermes,
moluscos, equinodermos e artrópodos.
1 As esponxas
Son os invertebrados máis sinxelos que existen. Teñen forma de saco e viven fixas no fondo do mar. Por iso ás veces poden confundirse cunha planta. O seu corpo
está atravesado por infinidade de poros e teñen capacidade para rexenerarse, é dicir, se se lles corta un anaco, este volve crecer. Aliméntanse de pequenos organismos que flotan na auga.
2 Os cnidarios
Son animais acuáticos con forma de saco e a boca rodeada de tentáculos velenosos. Non teñen órganos internos diferenciados. Algúns exemplos son a anemone, o coral e a medusa.
3 Os vermes
Son animais alongados que se desprazan reptando, xa que non
teñen patas. O seu corpo é brando e segmentado, é dicir,
está diferenciado en aneis, e a súa pel mantense sempre
húmida. Algúns vermes son cilíndricos e outros aplanados,
pero todos presentan simetría bilateral.
Poden habitar en terras húmidas e na auga, e moitos son
parasitos. Son vermes, por exemplo, a lombriga, a sambesuga
(verme de auga doce) e a tenia.
4 Os moluscos
Teñen o corpo brando e non dispoñen de patas. Algúns posúen
unha coiraza ríxida, denominada cuncha, que lles permite
protexerse das ameazas externas. Os moluscos poden ser
mariños, como a lura e o mexillón, ou terrestres, como o
caracol. Os mariños respiran mediante branquias, mentres que
os terrestres respiran por pulmóns.
Hai diferentes tipos de moluscos:
Os
gasterópodos:
son moluscos cunha cuncha externa en espiral, como, por
exemplo, o caracol. Posúen unha masa chamada pé que lles
serve para arrastrarse lentamente.
Os bivalvos: son moluscos formados por dúas cunchas externas articuladas que se pechan cando o animal está en perigo. Por exemplo, o mexillón, que adoita estar inmóbil e se alimenta de organismos pequenos que transporta a auga.
Os cefalópodos: adoitan ter unha cuncha interna, aínda que algúns carecen dela, e contan con tentáculos ao redor da boca, que lles permiten capturar ás súas presas. Son cefalópodos, por exemplo, o polbo, a lura e a sepia.
5 Os equinodermos
Son animais acuáticos que respiran por branquias e presentan
simetría radial. Algúns son redondos, como os ourizos, e
outros teñen forma de estrela, como a estrela de mar. A súa
boca atópase situada no centro da súa parte inferior,
mentres que o seu ano está no centro, na parte superior.
Estes invertebrados adoitan ter baixo a pel unhas placas
duras que conforman o chamado esqueleto externo. Algúns,
como os ourizos de mar, presentan púas móbiles que parten
destas placas. Tamén posúen uns tubiños moi finos na súa
parte inferior que lles permiten desprazarse polo fondo do
mar.
6 Os artrópodos
Forman o grupo de invertebrados máis numeroso e existen de
moitos tipos. Algúns exemplos de artrópodos son a araña, a
mosca, o cempés, a formiga e o cangrexo.
Os animais deste grupo de invertebrados comparten unhas
características comúns:
- As distintas partes do seu corpo están protexidas por
unha cuberta, máis ou menos dura, que forma un esqueleto
externo móbil. É similar a unha armadura. Este esqueleto
dificulta o crecemento do animal, polo que os artrópodos
adoitan mudar, é dicir, cambiar o esqueleto que lles quedou
pequeno por un novo que eles mesmos segregan. Durante o
período de muda, os artrópodos están moito máis indefensos,
xa que a cuberta dura sérvelles de protección, polo que
durante esta etapa adoitan diminuír a súa actividade.
- Teñen as patas articuladas. Polo tanto, podemos dicir que os artrópodos teñen un esqueleto articulado flexible e lixeiro. Algúns teñen ás, como as moscas, e outros, pinzas, como o cangrexo.
- Posúen uns órganos dos sentidos bastante desenvolvidos que se atopan na súa cabeza.
Os artrópodos clasifícanse en diferentes grupos:
a) Os crustáceos: case todos viven no mar. Adoitan ter dez
patas e un esqueleto externo duro. Por exemplo: as gambas e
os cangrexos.
b) Os miriápodos: son artrópodos terrestres, que viven en chans húmidos e teñen moitas patas. Por exemplo: os cempés e os milpernas.
c) Os arácnidos: son artrópodos terrestres e teñen oito patas. Por exemplo: as arañas e escorpións.
d) Os insectos: son artrópodos que teñen seis patas. A maioría ten ás: moitos teñen dous pares, como as libélulas, e outros, só un par, como as moscas. Tamén os hai que non posúen ás, como as formigas. Algúns exemplos de insectos son as abellas, as bolboretas ou os escaravellos.
Reta a Vader...Prepárate a morrer:
OS EWOKS
Os ewoks eran unha especie diminuta de bípedos peludos nativos da lúa boscosa de Endor. Foron máis coñecidos por axudar á Alianza Rebelde a derrotar ás forzas do Imperio Galáctico na Batalla de Endor.
Os ewoks eran individuos que medían aproximadamente un metro de altura. Utilizaron lanzas, fondas e coitelos como armas; tamén usaron ás deltas como vehículos. Aínda que eran expertos na supervivencia dos bosques e na construción de tecnoloxía primitiva, os Ewoks aínda non superaran a tecnoloxía do nivel de pedra cando foron descubertos polo Imperio. Con todo, aprenderon rapidamente cando se lles expuxo á tecnoloxía avanzada con procesos e conceptos mecánicos simples.
2 VERTEBRADOS: DOMIÑANDO A TERRA
"Sempre hai un peixe máis grande" Qui-Gon Jinn
Os vertebrados
son animais con esqueleto interno. Caracterízanse por posuír
columna vertebral, característica que dá nome ao grupo.
Ademais das vértebras que compoñen a columna vertebral, o
esqueleto está formado por diversos ósos que serven para
soster o corpo e protexer algúns órganos. Por exemplo, nos
seres humanos, as costelas protexen o corazón e os pulmóns.
A posición interna do esqueleto permite que os vertebrados
experimenten un crecemento continuo, sen necesidade de muda.
O corpo dos vertebrados divídese en cabeza, tronco e cola.
Na cabeza localízanse case todos os órganos dos sentidos. No
tronco atópanse as extremidades, que nos animais terrestres
son patas; nos acuáticos, aletas; e nos voadores, un par de
patas e un par de ás. A cola non está presente en todos os
animais e nalgúns, como a ra, é moi pequena.
O corpo dos
vertebrados está protexido pola pel, na que se poden
distinguir distintos elementos, como os pelos (mamíferos),
as plumas (aves) e as escamas (réptiles e peixes).
Os vertebrados comparten un sistema nervioso máis complexo e
definido que o resto dos animais. Así, todas as especies
posúen un encéfalo aloxado no cranio e unha medula espinal
na columna vertebral.
Segundo as súas características, distínguense cinco tipos de
vertebrados: os peixes, os anfibios, os réptiles, os
mamíferos e as aves.
1 Os peixes
Son vertebrados acuáticos. Posúen un esqueleto sinxelo e os
seus ósos denomínanse espiñas. O seu corpo é alongado e está
cuberto de escamas. Presentan extremidades, chamadas aletas,
que, xunto cos músculos do corpo, lles serven para nadar e
desprazarse pola auga.
Os peixes respiran a través dunhas aberturas situadas detrás
da boca, dentro das que hai unhas láminas denominadas
branquias. A auga pasa a través das branquias e os peixes
captan o osíxeno disolto nela que necesitan para respirar.
A reprodución dos peixes prodúcese mediante ovos, aínda que
algúns son vivíparos.
Os peixes clasifícanse en dous grandes grupos segundo como
sexa o seu esqueleto, que pode ser óseo, por exemplo o da
sardiña, ou cartilaxinoso, como o do tiburón.
2 Os anfibios
Son vertebrados que habitan en ambientes próximos á auga.
Isto débese a que deben manter a pel húmida, xa que
morrerían de non facelo. Teñen a pel espida, sen escamas,
plumas nin pelos. Esta ás veces presenta glándulas velenosas,
útiles para a protección do animal.
Os anfibios presentan catro patas e son ovíparos, é dicir,
reprodúcense mediante ovos.
Outro trazo que os caracteriza é a metamorfose, un proceso
mediante o cal cambian a súa forma e as súas características
desde que saen do ovo ata que se converten en individuos
adultos. Así, por exemplo, no caso das ras, os cágados ou
crías viven exclusivamente na auga e respiran mediante
branquias; cando se fan maiores, en cambio, adáptanse á
superficie e respiran mediante os pulmóns e a pel.
Existen dous tipos de anfibios:
a) Os anuros: son anfibios sen cola. Por exemplo: a ra.
b) Os urodelos: son anfibios con cola. Por exemplo: a píntega.
3 Os réptiles
Son os primeiros vertebrados que se adaptaron totalmente á
vida terrestre. Caracterízanse por ter unha pel impermeable
e cuberta de escamas duras, que impide que os seus corpos se
sequen.
Moitos teñen catro patas curtas, como as lagartas, aínda que
outros, como as serpes, non presentan extremidades. Cando se
desprazan, arrastran o corpo, é dicir, reptan, de aí o seu
nome.
Os réptiles son vertebrados que respiran por pulmóns e se
reproducen mediante ovos. Viven moito tempo e poden soportar
longos períodos sen comer. Algúns son herbívoros, como as
iguanas, e outros carnívoros que cazan ás súas presas, como
os crocodilos.
4 As aves
Son vertebrados que habitualmente poden voar, con algunhas
excepcións, como os pingüíns ou as galiñas.
As súas extremidades anteriores son as ás, e na boca teñen o
pico, que lles serve para alimentarse. Este varía segundo o
tipo de alimentación.
Do mesmo xeito que os mamíferos, as aves son capaces de
manter a súa temperatura corporal á marxe da temperatura
externa. Grazas a isto, presentan unha actividade constante
ao longo do ano e pódense distribuír por toda a Terra, tanto
en climas moi fríos como moi cálidos.
As aves respiran a través dos pulmóns e reprodúcense
mediante ovos. As femias póñenos nos niños e despois os
incuban ata que as crías rompen a casca.
5 Os mamíferos
Son o grupo de vertebrados ao que pertence o ser humano.
Distínguense do resto dos vertebrados por presentar uns
trazos propios:
Son vivíparos, é dicir, os embrións desenvólvense dentro do
corpo da nai e as crías nacen vivas. O corpo das femias
presenta mamas, con glándulas mamarias, que producen leite
para alimentar ás crías nacidas hai pouco.A maioría ten a
pel recuberta de pelo, aínda que nalgúns apenas se aprecia,
como nos elefantes ou as baleas.
Os vertebrados tamén se caracterizan, do mesmo xeito que as
aves, por ser capaces de manter a súa temperatura corporal
independentemente da temperatura externa.
Posúen catro extremidades (normalmente patas, pero tamén
aletas ou ás), que utilizan para trasladarse dun sitio a
outro. En moitos casos, cada pata ten cinco dedos,
protexidos por unllas.
A súa respiración é pulmonar, o que significa que respiran a
través dos pulmóns.
TAREFA: Construe un mapa mental co reino dos animais.
Os wookiees
Os wookiees, que
eles o traducen como a Xente das Árbores, eran unha especie
de peludos humanoides bípedos que habitaban no planeta
Kashyyyk. Un dos membros máis destacados da especie foi
Chewbacca, amigo e copiloto de Han Solo, que desempeñou un
papel vital na Guerra Civil Galáctica.
O hábitat natural dos wookiees eran os densos bosques do
planeta Kashyyyk (aínda que unha fonte di que inmigraron a
este planeta). Kashyyyk estaba cuberto completamente por
árbores wroshyr, nos que os wookiees construían as súas
casas e cidades. Os wookiees eran descendentes de mamíferos
arborícolas.
Tiñan a habilidade de aprender facilmente moitos idiomas,
pero os wookiees non teñen a estrutura bucal necesaria para
falar máis nada que as súas propias linguas.