STAR WARS: CONQUEST OF THE EARTH
SEGUNDO TRIMESTRE
STAR WARS: CONQUEST OF THE EARTH
SEGUNDO TRIMESTRE
Yoda recibe a mensaxe da resistencia e acompañado de R2D2 diríxese ao Sistema Solar. Os ensinos do mestre Jedi serán de gran axuda para os mozos padawan terrestres...
MISIÓN 1:
MATERIA E MATERIAIS
PROPIEDADES DA MATERIA: BUSCANDO UNHA ARMA DEFINITIVA
ESTADOS DA MATERIA: O CAMINO DO JEDI
OPENING...
MISIÓN 1:
MATERIA E MATERIAIS
1 PROPIEDADES DA MATERIA: BUSCANDO UNHA ARMA DEFINITIVA
"Preparado estás? Que sabes ti de estar preparado? Durante oitocentos anos adestrei aos Jedi. Eu decidirei quen debe ser adestrado"- YODA
Todas as cousas que se poden tocar e ocupan un espazo no universo están compostas por materia: os planetas, as estrelas, as naves do Imperio e mesmo, o teu propio corpo. Coñecer a materia e os cambios que experimenta axudarache a entender o mundo que te rodea. É o camiño mais doado para coverterche en Jedi...
A materia está constituída por átomos que, ao combinarse e agruparse en moléculas, forman as substancias que atopamos ao noso redor.
Pero...que é un átomo?
Os átomos son a unidade máis pequena dos elementos químicos. Están formados por un núcleo e unhas partículas que xiran ao seu redor. Os átomos agrúpanse formando moléculas.
As moléculas poden estar compostas por átomos de diferentes elementos químicos. Estes elementos aparecen recollidos na táboa periódica. As moléculas constitúen as substancias que forman a materia.
TAREFA:
Imos construir a maqueta dunha molécula sinxela como por exemplo a do auga (dous átomos de hidróxeno e un de osíxeno).
A materia
ten dous tipos diferentes de propiedades:
As propiedades xerais: que son
as que comparten todas as substancias.
As propiedades específicas: que
son as que varían dunhas substancias a outras.
As
propiedades xerais da materia son dúas: masa e volume.
É dicir, toda materia ten unha masa e ocupa un volume. Todas
as substancias comparten estas propiedades:
A masa: é a cantidade de
materia que ten un corpo. A maior masa, maior cantidade de
materia. A masa mídese en quilogramos (kg) ou en gramos (g),
se é pequena.
O volume: é o espazo que
ocupa a materia. A maior volume, maior espazo. O volume dos
corpos sólidos e líquidos é constante, pero o dos gases é
variable. O volume dos líquidos mídese en litros (l),
mentres que o dos sólidos adoita medirse en metros cúbicos
(m3).
As propiedades específicas da materia son aquelas que varían dunhas substancias a outras.
As propiedades específicas máis
importantes son:
A densidade: indica a cantidade
de masa que cabe nun determinado volume. É propia de cada
substancia e mídese en gramos por centímetro cúbico (g/cm3).
A dureza: é a resistencia que
opón unha substancia a ser raiada por un material. Canto
máis dura é unha substancia, máis difícil é que a raien.
A tenacidade: é a oposición que
ofrece un material a romper ou deformarse.
A transparencia: é a capacidade
dunha substancia para deixar pasar a luz.
A flotabilidade: é a capacidade
dun corpo para sosterse nun fluído. Depende normalmente da
cantidade de aire que ten o corpo. É positiva se flota e
negativa se se afunde.
A impermeabilidade: é a
capacidade dunha substancia para evitar que pase a auga.
A lixeireza: é a facilidade dun
corpo para ser levantado.
A condutividade térmica ou eléctrica:
indica a capacidade dunha substancia para conducir a calor
ou a electricidade. É dicir, canta máis condutividade teña
unha substancia, máis fácil será para a calor ou a
electricidade pasar a través dela.
O illamento térmico ou eléctrico:
é a capacidade dunha substancia para evitar que a
calor ou a electricidade pasen a través dela.
A cor, o sabor e o olor:
propiedades das substancias perceptibles polos sentidos.
TAREFA:
Imos facer un esquema coas propiedades xerais e específicas da materia.
2 ESTADOS DA MATERIA: O CAMINO DO JEDI
"Se sacrificamos o noso código, mesmo pola vitoria, podemos perder o que é máis importante, a nosa honra" - OBI-WAN
A materia pode presentarse en
tres estados: sólido, líquido e gasoso.
Segundo o estado en que se atope, a materia ten unhas
propiedades diferentes:
O estado sólido: a materia ten
un volume e unha forma definidos, é dicir, non adoitan
variar. Con todo, ás veces a forma pode modelarse, por
exemplo, no caso da plastilina.
O estado líquido: a materia ten un volume definido e unha forma variable. Os líquidos adáptanse á forma do recipiente que os contén.
O estado gasoso: a materia ten un volume e unha forma variables. Os gases adáptanse tanto á forma como ao volume dos recipientes. Canto maior é o recipiente, maior é o volume do gas.
Os cambios da materia
- Os
cambios de estado ou cambios físicos: son aqueles nos
que a materia pasa dun estado a outro como consecuencia do
aumento ou a diminución da súa temperatura. Este tipo de
cambios non modifica as propiedades da materia. Por exemplo,
cando o xeo se converte en auga, e a auga en vapor a causa
da calor, trátase dun cambio de estado. Neste caso, a
materia pasa do estado sólido ao líquido, e do líquido ao
gasoso. Os cambios de estado son:
a) A solidificación: paso de líquido a sólido.
b) A fusión: paso de sólido a líquido.
c) A vaporización: paso de líquido a gasoso.
d) A condensación: paso de gasoso a líquido.
- Os cambios químicos, ou reaccións
químicas: son aqueles que modifican as propiedades da
materia, de forma que converten unha substancia noutra de
natureza distinta. Os cambios químicos máis comúns no noso
día a día son:
a) A combustión: reacción química que fai arder unha
substancia.
b) A oxidación: reacción química na que o osíxeno transforma unha substancia noutra.
c) A fermentación: reacción química que converte unha substancia orgánica noutra por acción dalgún microorganismo.
EXPERIMENTAMOS:
Apagar unha candea sen soprar. Acende unha candea pequena con coidado. Tápaa cun vaso boca abaixo e agarda.
TAREFA:
Que cres que ocorrerá? Busca unha explicación ao que pasou.
Oxidación dunha mazá. Corta unha mazá pola metade e bota unhas gotas de zume de limón nunha das metades. Agarda uns 20 minutos.
TAREFA:
Que cres que ocorrerá? Busca unha explicación ao que pasou.
Inflar un globo con fermento. Prepara dúas botellas de plástico pequenas e éncheas de auga ata a metade. Engádelles un pouco de fermento. Nunha delas, introduce unha cullerada de azucre; e na outra, unha de sal. Tapa as dúas botellas cun globo e agarda.
TAREFA:
Que cres que ocorrerá? Busca unha explicación ao que pasou.
MATERIA E ANITMATERIA EN STAR WARS:
A antimateria era o oposto á materia en termos de estrutura atómica. As partículas de antimateria contiñan a carga oposta da materia normal. A materia e a antimateria aniquilábanse entre si cando entraban en contacto, liberando enormes cantidades de enerxía. A antimateria usouse nos aneis de hipermotor do interceptor Jedi para proporcionar á nave a densidade suficiente para permanecer no hiperespacio, xa que o interceptor non era o suficientemente grande como para manter as velocidades de superiores á luz sen axuda externa. As trazas de antimateria deixábanse ao pasar naves estelares, o que pode explicarse por certos hipermotores alimentados por antimateria.