STAR WARS: CONQUEST OF THE EARTH
SEGUNDO TRIMESTRE
STAR WARS: CONQUEST OF THE EARTH
SEGUNDO TRIMESTRE
É de vital importancia establecer un plan na terra mentres Luke viaxa a Corustacan en busca de novas relativas os poderes dos terrícolas.
Vader ten instruccións de atacar ó planeta e está moi preto de atopar o campamento no que se agocha Obi-Wan.
A Resistencia agora mesmo está moi mermada e necesita un líder...
MISIÓN 2:
ORGANIZACIÓN POLÍTICA
A ORGANIZACIÓN DO ESTADO: UN REY PARA TODA A GALAXIA
A DIVISIÓN DE PODERES: O SENADO GALÁCTICO
A DIVISIÓN ADMINISTRATIVA: AS PROVINCIAS DA FEDERACIÓN GALÁCTICA
OPENING...
MISIÓN 2:
ORGANIZACIÓN POLÍTICA
A lei básica,
fundamental e principal do Estado Español é a Constitución.
Por iso, todos os habitantes do país temos a obriga de
cumprir o que se establece na mesma.
Nela veñen establecidos unha serie de puntos. En primeiro
lugar, os dereitos, deberes e liberdades dos cidadáns
españois.
Por outro lado, marca as directrices sobre a organización
política: monarquía parlamentaria e división de poderes.
Ademais, tamén fala da organización territorial, é dicir, de
que maneira se divide o territorio español.
Pero a maiores disto, a Constitución Española tamén
establece cal é a capital do Estado, cal ou cales son as
linguas oficiais do mesmo e, para rematar, os símbolos que o
diferencian do resto de países ou estados.
A actual Constitución foi aprobada no ano 1978.
1 A ORGANIZACIÓN DO ESTADO: UN REY PARA TODA A GALAXIA
"¡Poder! ¡Poder sen límites!" - DARTH SIDIOUS
O noso país ten como forma
política de goberno a monarquía, polo que o xefe do Estado é
o Rei. Non exerce poder político pero é o encargado de
representar España noutros países, de sancionar leis e de
exercer o mando supremo das Forzas Armadas, entre outras
funcións.
Dende o 22 de novembro de 1975 ata o 19 de xuño de 2014 o
Rei de España foi don Juan Carlos I. Exerceu a xefatura do
estado durante case 40 anos e ao seus 76 anos decidiu
abdicar no seu fillo Felipe VI que dende o 19 de xuño de
2014 é o xefe do estado español.
2 A DIVISIÓN DE PODERES: O SENADO GALÁCTICO
"Entre os fillos dos Jedi, non hai inocentes" - DARTH SIDIOUS
Os
poderes políticos do Estado
Poder lexislativo: está en mans das Cortes Xerais. Elabora as leis e controla a acción do Goberno.
As Cortes Xerais
As leis que rexen o Estado
Español deben ser elaboradas e aprobadas por esta
institución. Ademais, as Cortes Xerais son as encargadas de
controlar o Goberno.
Están formadas por dúas cámaras: o Congreso dos Deputados e
o Senado. Os cidadáns do Estado, maiores de idade, son os
encargados de elixir os representantes de cada unha, nas
eleccións que se levan a cabo cada catro anos.
Poder executivo: en mans do Goberno. As leis aprobadas polas Cortes Xerais son aplicadas mediante este poder. Dirixe a política do país.
O Goberno Central
O goberno é a principal institución que se encarga de dirixir o Estado do que formamos parte como cidadáns españois. Está constituído polo presidente (elixido polo Congreso de Deputados e nomeado polo rei) e os ministros e ministras (propostos polo presidente e nomeados polo rei). Estes encárganse de diferentes áreas de índole público: sanidade, educación, interior, ambiente…
Poder xudicial: en mans dos
Tribunais de Xustiza.
O tribunal de Xustiza
Está formado polos xuíces e
xuízas que son os que se encargan de facer xustiza no país.
Fan cumprir as leis e xulgan e impoñen sancións a aqueles
que a incumpren ou cometen delitos.
En España hai dous tribunais de referencia: o Tribunal
Supremo e o Tribunal Constitucional.
TAREFA:
Completa o seguinte esquema:
A política eran as actividades asociadas co goberno dun territorio. Aqueles involucrados en tales actividades eran coñecidos como políticos. Por toda a galaxia, existían moitas formas diferentes de goberno:
República:
Nunha República, as persoas son gobernadas por un representante electo e por un líder elixido en lugar de por un monarca. Co seu corpo de Senadores electos, a República Galáctica era unha democracia que abarcaba toda a galaxia. Con todo, este sistema non estaba exento de inconvenientes. O Caballero Jedi Obi- Wan Kenobi pensou que a maioría dos Senadores só enfocábanse en compracer a aqueles que patrocinaban as súas campañas, o que os levou a esquecer os ideais da democracia.
Monarquía:
Nunha Monarquía, un só individuo, coñecido como Rey,
gobernaría ao seu pobo por dereito de nacemento,
fundamentando a súa lexitimidade na liñaxe. As Casas Reais
estaban formadas pola antiga realeza galáctica. Ás veces,
con todo, a lexitimidade dunha liñaxe era impugnada.
No momento da Nova República, poucas persoas aínda tomaban
en serio a nobreza hereditaria, incluídos os nobres. Debido
a isto, os títulos nobiliarios de moitos planetas
convertéronse en gran parte ceremoniais.
Imperio:
Un Imperio era un goberno que frecuentemente tiña moitos territorios baixo o goberno dun só líder, que tipicamente se chamaba Emperador.
Ditadura:
Unha Ditadura era unha forma de goberno na que a autoridade
central estaba en mans dun só individuo, que a miúdo tiña un
gran poder executivo. A autoridade dese individuo, chamado
ditador, a miúdo imponse mediante diversos mecanismos
opresivos, como a represión da prensa, a detención de
activistas políticos e o uso de medidas de seguridade
omnipresentes para vixiar á opinión pública, a miúdo coa
esperanza de manipulala a favor do réxime.
3 A DIVISIÓN ADMINISTRATIVA: AS PROVINCIAS DA FEDERACIÓN GALÁCTICA
"Hai unha gran perturbación na Forza" - EMPERADOR PALPATINE
TAREFA:
Debuxa un mapa de España coas comunidades e cidades autonomas.