Primeiro trimestre: naturais
Primeiro trimestre: naturais
A procura
dalgunha debilidade na
morfoloxía dos novos Jedi, fai
que os científicos do Imperio
desenvolvan un programa para
solicitar información da raza
humana.
O comezo da actividade céntrase na unidade mínima dotada de
vida no Planeta Terra: a Célula.
MISIÓN 1: A Célula
Funcións Vitais:
A forza está en ti
Tipos de células:
Lord Sith ou cabaleiro Jedi
os Organismos vivos: a fonte da vida
Microscopio:
os MQAAQ'IT
opening...
1 Funcións Vitais: A forza está en ti
"A forza estará contigo… sempre" OBI-WAN
O precursor do descubremento: LEEUWENHOEK
A orixe da vida:
1 Podcast
Espía de Bothan, acabas de descubrir uns datos moi
interesantes sobre as células. É imprescindible que Darth
Veder coñeza a verdade sobre a "Chispa"
En equipo de cooperativo: Elaborade un podcast cunha
duración de entre 4 e 5 minutos. Explicade nel os aspectos
máis importantes sobre a célula:
a) Que é unha célula?
b) Xeneralidades (importancia como elemento básico de vida; quen a descubriu e como, cales son as funcións vitais da célula, como se levan a cabo, etc.)
É preciso que antes de gravalo, realicedes un traballo previo de produción. Iso implica, obter información, redactar os textos, distribuír o tempo destinado para cada punto temático e asignar as tarefas entre os membros. Todos os integrantes do equipo teñen que gravar algo no podcast.
Non te esquezas de enviar o arquivo ao teu mestre.
2 Xenética
Despois de ver o vídeo
sobre Gregor Mendel queda claro que a "chispa" non aparece
nun xene dominante, senón que provén dun recesivo...
Explica a Lord Vader que é un xen dominante e que é un xen
recesivo e exponlle as tres leis de Mendel, é vital que coñeza esta información para comprender porqué algúns
terrestres foron agraciados coa "chispa" e outros non.
2 Tipos de células: Lord Sith ou cabaleiro Jedi
"A forza te está a chamar, deixaa entrar" MAZ KANATA
As sete diferencias:
Aínda que as células procariotas e eucariotas son diferentes en moitos aspectos, tamén presentan certas similitudes. Ambas conteñen material xenético, é dicir, ADN. Teñen unha membrana celular que as cobre. As súas estruturas químicas básicas son similares, pois ambas se compoñen de carbohidratos, proteínas, acedo nucleico, minerais, graxas e vitaminas.
Tanto as células procariotas como eucariotas conteñen as
ribosomas, que producen proteínas. Os dous tipos de células
regulan o fluxo de nutrientes e materia residual que entra e
sae das células. Tamén se reproducen, aínda que de
diferentes maneiras. Necesitan enerxía para sobrevivir,
conteñen citoplasma no interior das células e un
citoesqueleto. Ambas as clases de células teñen unha bicapa
lipídica, coñecida como membrana plasmática, que forma o
límite entre o lado interno e externo da célula.
Imos fixarnos agora nas diferenzas. Pescuda en relación aos puntos dados en que difiren as células procariotas e eucariotas e fai un debuxo de cada unha onde estean marcadas e explicadas esas diferenzas.
1. Núcleo
2. Tamaño
3. Organización celular
4. Material xenético
5. Número de cromosomas
6. Membrana plasmática
7. Reprodución
Agora que xa sabemos distinguir perfectamente unhas células doutras imos tentar colocar correctamente as partes nestes debuxos:
Define as partes que colocaches nas células anteriores.
PARED CELULAR:
ADN:
MITOCONDRIA:
RIBOSOMAS:
FLAGELO:
MEMBRANA CELULAR:
NÚCLEO:
CLOROPLASTO:
CENTRIOLO:
Xa estás
preparado. En equipos de cooperativo preparade unha maqueta
dunha vexetal ou unha animal, é conveniente que Lord Vader
coñeza a composición das células se quere acabar cos Jedi
terrestres..
Cando terminedes gravade un vídeo explicativo describindo
como foi o proceso e as partes das células.
Non te esquezas de subir o arquivo a carpeta oculta de Vader.
3 os Organismos vivos: a fonte da vida
"Sempre en movemento está o futuro" YODA
Organismos unicelulares
Os organismos unicelulares están constituídos por unha soa
célula que realiza todas as funcións vitais. Nalgúns casos,
forman agrupacións de individuos chamadas colonias. Os
organismos unicelulares poden ser procariotas ou eucariotas.
Organismos pluricelulares
Os organismos pluricelulares están formados por moitas
células que funcionan como un todo integrado. En xeral, as
células cunha mesma función agrúpanse en tecidos. Para
realizar con máis eficacia algunha tarefa, varios tecidos
pódense asociar e formar órganos, que, á súa vez, pódense
agrupar e constituír aparellos ou sistemas.
Copia o seguinte esquema e complétao colocando un exemplo de cada un.
Nevéis de organización Celular
Non vai ser
fácil que Vader atope un punto débil na configuración da
forza dos Jedi Terrestres. A "faísca" fai que os organismos
vivos funcionen de maneira precisa e atopar calquera punto
de discordancia no individuo é como perseguir unha
quimera...
imos tentar descubrir se a organización celular dos Jedi é
perfecta ou se pode alterar nalgún dos seus puntos.
Investiga e completa:
¿Existe a posibilidade de que al perder un membro uo órgano este se rexenere? Si é así, ¿poderías decirme algúns organismos que presenten esta característica?
A REXENERACIÓN DE TECIDOS
Os Jedi terrestres están a traballar nun proxecto de rexeneración celular baseado en estudos científicos sobre a rexeneración de tecidos da píntega. A píntega é un anfibio terrestre capaz de rexenerar as súas extremidades ou órganos tan importantes como o cerebro, o corazón, a medula espinal ou mesmo os ollos!
Polo xeral,
sábese que cando unha píntega perde unha das súas
extremidades, agrúpase no toco unha masa de células
denominada blastema, que será a que rexenere a nova
extremidade. Pero de onde proceden estas células?
Cando aínda son larvas, usan as células nai musculares que
aínda non se terminaron de diferenciar. Con todo, cando xa
son adultos, recrutan fibras musculares esqueléticas xa
formadas. Ademais, ocorre exactamente o mesmo coa pel, os
ósos e as fibras nerviosas...
4 Microscopio: os MQAAQ'IT
¡Ti sempre cos teus “non pode facerse”! ¿E que escoitándome non estabas? Mestro Yoda
Tipos de microscopios
Investiga nesata páxina e fai un esuqema cos diferentes tipos de microscopios: https://www.mundomicroscopio.com/tipos-de-microscopios/
Imos facer agora unha práctica cun microscopio virtual:
A Terra está a sufrir unha invasión zombie que quere rematar coa poboación vexetal para extinguir a raza humana. pelexa contra o exército de non mortos e salva a prantas para liberar o planeta.
O LABORATORIO DE LUKE:
Agora xa estás preparado, Imos o laboratorio de Ciencias a facer unha práctica e ver no microscopio mostras de células vexetais e animais.