Primeiro trimestre: Sociais
Primeiro trimestre: Sociais
O Imperio non
vai cometer o
mesmo erro que cando atacou
a Terra sen un plan definido.
O exército de Vader está
mermado e os Jedi no Planeta
azul conforman unha forza moi potente capaz de facer fronte
ás tropas de asalto.
Para completar a invasión con éxito e acabar cos cabaleiros
Jedi, Lord Sidious debe coñecer ben ao inimigo...
MISIÓN 1: POBOACIÓN
DEMOGRAFÍA:
Os habitantes do Planeta terra
CARACTERÍSTICAS DA POBOACIÓN:
Os novos Jedi
MOVEMENTOS MIGRATORIOS:
DUNHA galaxia
moi lonxana
OPENING...
1 DEMOGRAFÍA: OS HABITANTES DO PLANETA TERRA
"Non podes deter os cambios como non podes deter a posta dos soles" SHMI SKYWALKER
Xa que imos traballar durante un tempo estudando a poboación da terra imos familiarizarnos con algúns conceptos propios do Planeta no relativo á poboación:
a) Que é a
demografía?
b) A poboación da terra está distribuída polo planeta
seguindo uns parámetros recoñecibles. Fálame de esos
parámetros con respecto a:
Factores físicos
Factores históricos
Factores económicos
Para descubrir
onde hai máis posibilidades de que haxa Jedis terrestres,
Darth Vader necesita saber que partes da Terra atópanse máis
poboadas. Debuxa un planisferio e colorea os continentes
seguindo o código de cores que se detalla a continuación:
Vermello: zonas máis poboadas do mundo
Verde: zonas con poboación moderada ou pouco poboadas
Ao coñecer as zonas máis poboadas O Emperador sabe onde é posible que haxa máis Jedis , pero a procura continúa...un correo imperial trae novas instrucións para que busquemos as 10 cidades máis poboadas do mundo e indiquemos a súa densidade de poboación...
Explica a Darth Vader todo ou relativo ás ferramentas terrestres para estudar a poboación: prepara unha presentación que inclúa conceptos como padrón, censo, taxa de natalidade, taxa de mortalidade, crecemento natural, esperanza de vida, densidade de poboación... (Equipo cooperativo)
Lord Vader está contento co teu traballo pero necesita que alcances un nivel máis. Un bo espía Bothaniano ha de ser moi observador. Aquí tes unha proba: atopa os números baixo a presión de acharche no campo de batalla e a túa misión continuará.
2 CARACTERÍSTICAS DA POBOACIÓN: Os novos Jedi
"Non hai suficiente Jedis para protexer á República. Velemos pola paz, non pola guerra" MACE WINDU
A nave cos Bothan chega a
un planeta do sistema Solar chamado Terra. É un planeta
habitado por criaturas extraordinarias, dotadas de
intelixencia. Aquí é onde os novos Jedis tentan organizar
unha nova orde na Galaxia e acabar co Imperio para volver
aos tempos da República.
Unha sinal dende un observatorio situado en España revela
que hai un campo de adestramento Jedi onde se atopa Obi-Wan.
Estuda as características da poboación española e envía un
informe detallado á Lanzadeira Imperial onde se atopa Darth
Vader...
Imos construír unha pirámide de poboación. Usa os datos que están na seguinte imaxe e fai o debuxo nunha cartulina:
a) Tipos de
pirámides pola súa forma. Explica cada tipo
b) Que tipo de pirámide obtemos?
c) Mirando a Pirámide, a poboación española, é
maioritariamente nova ou está envellecida? Xustifica a túa
resposta
d) A esperanza de vida da poboación española está en torna
aos ........nos homes e ..........nas mulleres.
a) Como foi a
evolución da poboación española desde o ano 1900 ata agora?
b) Cales crees que son os factores que influíron neste
cambio?
3 MOVEMENTOS MIGRATORIOS: DUNHA galaxia moi lonxana
"Chewie, estamos na casa…" Han Solo
A Segunda migración fai referencia a un momento na historia temperá de Tython cando os Tythanos non sensibles á forza víronse obrigados a abandonar o mundo natal da Orde Jedi pola súa propia seguridade. Produciuse pouco tempo despois da Primeira migración, ou a chegada da Tho Yor ao sistema Tython. A migración trouxo consigo a eventual colonización dos Mundos Asentados e un crecente resentimento duradeiro facía os Jedi que os abandonaron.
a) Que é un emigrante?
b) Que é un inmigrante?
c) Define balance migratorio
Os Tythanos non sensibles á forza víronse obrigados a emigrar por motivos políticos, pero non sempre cando se dá unha movemento migratorio é polo mesmo... Investiga as razóns polas cales unha persoa ou grupo de persoas se ven obrigadas a abandonar o seu país e fai un esquema con elas.
Escolle unha e prepara un póster que sirva para concienciar a xente do problema.
Unha das causas
que provoca a emigración é a guerra, un caso de rabiosa
actualidade é o da guerra en Siria...
Investiga un pouco sobre o conflito e pescuda porqué Mustafá
tivo que abandonar o seu fogar...
- Cando comezou?
- Porqué?
- Como afecta a Europa e España?
VISITA DE UN MIEMBRO DE LA ONG EQUUS CEBRA
Agora que xa sabes cal é a raíz da inmigración e os problemas cos que se atopa unha persoa que chega a un país descoñecido, imos tentar axudar. Establece unha presentación para a comunidade educativa na que se atopen unha serie de medidas encamiñas a favorecer o desenvolvemento dos inmigrantes en España, pensa no que necesitan e como podemos axudarlles a conseguilo.
Temos noticias de que YODA está en apertos, bótalle unha man e que a Forza che acompañe...