Primeiro trimestre: Sociais
Primeiro trimestre: Sociais
Lord Vader
está a adquirir os
coñecementos necesarios sobre
a raza humana para armar un
contraataque que termine coas
aspiracións da Resistencia para
reorganizar un exercito de Jedis terrestres.
Os espías Bothanianos enviaron numerosos informes sobre a
distribución da poboación e agora mesmo o Imperio está a
dedicar todos os seus esforzos a descubrir en que zonas da
terra é máis probable que haxa alta concentración de Jedis.
O seguinte punto crucial para desestabilizar o planeta Terra
pasa por desestabilizar o seu medio de vida: a economía.
Investiga para Lord Chanceler como se gañan a vida os
humanos…
MISIÓN 2: ECONOMÍA
1 SECTORES ECONÓMICOS: A ECONOMÍA DO PLANETA MUUNILIST
2 A ECONOMÍA NA HISTORIA:
OS DACTARIOS DA
REPÚBLICA
3 ECONOMÍA EN ESPAÑA:
BANCO DE CRÉDITO
INTERGALÁCTICO
4 CONSUMO RESPONSABLE:
O CRÉDITO DA
ALIANZA
opening...
1 SECTORES ECONÓMICOS: A ECONOMÍA DO PLANETA MUUNILIST
“Da República? Esos créditos aquí non valen, quero algo máis… autentico” WATTO
a) Que é a
economía?
b) Como consiguen as persoas o seu alimento, as prendas de
abrigo e os obxectos que usan a diario?
c) Por qué necesitamos traballar?
d) Que é o traballo?
e) Completa:
O SECTOR PRIMARIO
O SECTOR SECUNDARIO
O SECTOR TERCIARIO
Diferentes tipos de empresas
As empresas poden clasificarse segundo varios criterios:
Segundo o
seu tamaño,
diferenciando entre a pequena empresa, a mediana empresa e a
grande empresa. Aínda que para medir isto existen diversas
variables, unha das máis recorridas é considerar o seu
número de traballadores, sendo habitual clasificala como
pequena con menos de 50, mediana entre 50 e 250, e grande
con máis de 250.
Segundo a
actividade desenvolta
as empresas poden ser:
Industriais: aquelas que se dedican a produción de bens
mediante a extracción ou transformación da materia prima.
Comerciais: son as empresas intermediarias entre o produtor
e o consumidor. Compran e venden produtos terminados.
Servicios: son as encargadas de brindar servizos á
comunidade (transporte, banca, turismo, educación, sanidade,...)
Segundo a
forma xurídica
podemos distinguir:
Empresas individuais: son aquelas cuxa titularidade é dunha
soa persoa.
Sociedades: están constituídas por varias persoas.
Cooperativas: son empresas formadas por socios unidos
voluntariamente e xestiónanse de maneira colectiva.
Segundo a
súa titularidade do capital
as empresas son:
Públicas: pertencen ao Estado.
Privadas: pertencen a persoas particulares.
Mixta: a propiedade é compartida entre Estado e individuos
particulares.
Segundo o
seu ámbito de actuación:
Locais: só están ubicadas nunha localidade.
Nacionais: están situadas en varias localidades dentro dun
mesmo país.
Multinacionais: situadas en varios países.
Sabías que...?
Para crear unha empresa é preciso dispoñer de:
Recursos
materiais:
terreos, instalacións, maquinaria, ferramentas, etc. Co fin
de realizar as actividades de fabricación, almacenaxe,
trasporte e comercialización.
Recursos
humanos:
o persoal que traballa para o bo funcionamento da empresa
Recursos
económicos
para que a empresa poida funcionar.
CREA A TÚA PROPIA EMPRESA (equipo cooperativo):
Pois agora que temos todos os datos sobre como se crea e funciona unha empresa, imos converternos en empresarios:
a) En que sector económico vas a ubicar a túa empresa?
b) Marketing:
- Pensade nun nome parq a vosa empresa
- Creade un
logotipo sinxelo e recoñecible para a empresa, que apareza
nun tamaño máis ou menos reducido a carón do nome.
- Realizade un debuxo que reflicta a actividade a que se
dedica a empresa e que sexa rechamante.
- Buscade un slogan curto e apegadizo.
- Incluide algunha oferta que poida axudar a captar novos
clientes.
c) Polo número de traballadores, que tamaño vai ter a
empresa?
d) Polo ámbito, falamos dunha empresa local, nacional ou
multinacional?
e) Cantos asalariados vai ter a túa empresa?
f) Imos cos gastos e ingresos, prepara un presuposto na seguinte taboa:
Concepto | Ingresos | Gastos | Beneficio |
---|---|---|---|
Vendas |
|
|
|
Salario dos empregados |
|
|
|
Gastos de luz, alugueres etc. |
|
|
|
Investimento en mercadorías |
|
|
|
Publicidade e reformas |
|
|
|
TOTAL |
|
|
Imaxinade que tivésedes de vivir sós e soas nunha cidade que non é a vosa durante tres días e con tan só 150 euros. Elaborade un presuposto persoal dos vosos gastos neses tres días para poder facer varias cousas e non ficar sen cartos. Lembrade que o aloxamento e a comida son indispensables.
2 A ECONOMÍA NA HISTORIA: OS DACTARIOS DA REPÚBLICA
"Se un quere saber o gran misterio da forza, débea estudar desde todos os seus lados" PALPATINE
Un modo de produción é a forma en que se organiza a actividade económica nunha sociedade, é dicir, a produción de bens, servizos e a súa distribución.
Ao longo da historia existiron distintos modos de produción que condicionaron as características da economía en cada momento. Por exemplo, a economía non funcionaba igual no Antigo Exipto que na Francia medieval ou na Inglaterra do século XIX. Atento ao video:
Imos tentar
explicar ao Lord Chanceler os diferentes medios de produción
que se deron ao longo da historia no planeta terra.
Elixe varias imaxes que ao teu criterio representen ben cada
unha das etapas: primitiva, esclavista, feudal, capitalista.
Coloca as imaxes nun Power Point sen utilizar ningún texto.
Explica coas imaxes aos teus compañeiros que sucedeu nos
distintos períodos. Cada membro do equipo pode explicar un.
(RÚBRICA Equipo cooperativo)
Os seguintes videos poden ser de utilidade:
ECONOMÍA PRIMITIVA:
ECONOMÍA ESCLAVISTA:
ECONOMÍA FEUDAL:
ECONOMÍA CAPITALISTA:
3 ECONOMÍA EN ESPAÑA:
BANCO DE CRÉDITO INTERGALÁCTICO
"Quen é máis tolo, o tolo ou o tolo que segue ó tolo?" OBI-WAN
KENOBI
Imos facer un Lapbook sobre a economía do noso país.
Nel debemos
incluír os seguintes datos:
Que é o PIB?
Cal é a moeda de España?
Debilidades da nosa economía
Fortalezas da nosa economía
Última crise importante
Taxa desemprego
Principales actividades económicas por sectores
4 CONSUMO RESPONSABLE: O CRÉDITO DA ALIANZA
"As cousas non pasarán coma ti crees" LUKE SKYWALKER"
No vídeo anterior
preséntase a un consumidor que non é responsable. Feixe unha
lista coas condutas negativas que ten un impacto directo
sobre o planeta.
Elixe unha delas e deseña, xunto co teu equipo de
cooperativo, unha campaña de concienciación para tratar de
que reflexione sobre a súa conduta (póster, decálogo...)