Taller de verificación de NOTICIAS
de la Resistencia
Taller de verificación de NOTICIAS
da RESISTENCIA
Como acabas de escoitar pola súa propia boca, o Lider dos Robots tenta unha ofensiva contra os detectives a base de difundir pola rede Fake News. Pero antes de comenzar, debes saber que tamén intentou piratear o sinal de esta web polo que hai unha posibilidade de que exista un erro garrafal nalgún sitio. A túa misión secundaria é descubrilo e informar a resistencia. Boa sorte detective...
Vocabulario:
Sabes que son?
Fake news: novas falsas, noticias
que queren parecer verdadeiras.
Erro garrafal: un erro moi grave
que atoparás neste proxecto.
PARTE I: Detective ao rescate...
Para repeler o ataque debemos de estar ben formados, por iso, imos investigar un pouco sobre o mundo das noticias falsas...
Agora imos facer un resumo co máis importante do video anterior:
1- Lee a noticia enteira, non solo o titular.
2- Investiga a fonte.
3- Busca datos sobre o autor.
4- Busca noticias similares en canles oficiales ou científicos para poder comparar.
5- Non te deixes levar por unha imaxe ou un titular demasiado chamativo.
Confecciona un mapa mental no teu caderno usando os consellos anteriores.
Que no te lembras de como era?...Nun minuto podes recordalo:
Por se ainda non o tes claro:
Ordena as letras para descubrir as palabras clave das anteriores recomendacións:
PISTAS:
1º.- A primeira letra é a maiúscula. A maioría das veces,
despois dunha consoante, vai unha vogal.
2º.- Para buscar a palabra no texto segue estas indicacións:
Palabra 1:
-Empeza por C
-Está en “negriña” e subraiada na recomendación 1.
Palabra 2:
-Empeza por R.
-Está en negriña” e subraiada na recomendación 2.
Palabra 3:
-Empeza por C.
-Está en negriña” na recomendación 4.
Palabra 4:
-Empeza por A.
-Está en negriña” na recomendación 6.
Palabra 5:
-Empeza por T.
-Está en negriña” na recomendación 3 e é a sexta palabra da
primeira liña.
Palabra 6:
-Empeza por F.
-Está en negriña” na recomendación 1, é a terceira palabra da
liña 1.
Palabra 7:
-Empeza por B.
-Está en negriña” na recomendación 1.
Palabra 8:
-Son dúas palabras. A primeira empeza por S e está na
recomendación 5.
Palabra 9:
-Empeza por N.
-Pode ser falsa.
Palabra 10:
-Empeza por I, pode parecer unha L pero non o é.
-Dánnola as noticias.
Imos ver que maña te das co tema das Fake News; serás quen de descubrir a verdade?:
PISTA:
1º.- Lee as frases, identifica cales son as correctas.
2º.- Hai que dirixir “o boneco branco” cara as frases correctas.
3º.- Para mover “o boneco branco” tes que utilizar as frechas do
teclado.
4º.- Se chocas cos bonecos verdes, volves empezar.
PARTE II: A min non ma colas...
Internet pode ser unha potente ferramenta de consulta. O perigo se desata porque tamén é un fantástico altofalante para os bulos e noticias falsas, atento ao video:
Demostra a túa pericia, recolle co avión as opcións axeitadas:
PISTA:
1º.- Le as frases que irán
aparecendo.
2º.- Se son verdadeiras leva o avión cara elas.
3º.- Utiliza as frechas do teclado para mover o avión.
PARTE III: To fake or not to fake, that is the question...
Imos comprobar que tal se che da identificar FAKE NEWS cun exercico práctico.
Aquí tedes dez enlaces a noticias que debedes analizar para descubrir si se trata de noticas fake ou reales.
Para iso nos imos reunir en grupos cooperativos. Discutiremos os seguintes aspectos sobre cada noticia:
Noticia 1: Cómo el emoji de la
zanahoria se convirtió en un código secreto en Internet para
camuflar contenido antivacunas.
https://www.bbc.com/mundo/noticias-62936770
Noticia 2: Putin desata la guerra.
https://www.jornada.com.mx/notas/2022/02/24/mundo/desata-putin-la-
Noticia 3: Operción Denver, la
campaña de desinformación de la KGB para crear el VIH fue
inventado por EEUU.
https://www.bbc.com/mundo/noticias-internacional-54088146
Noticia 4: El Papa Francisco
sobresalta al mundo: aprueba a Donald Trump para presidente.
https://www.valoresreligiosos.com.ar/Noticias/cinco-fake-news-para-
erosionar-el-liderazgo-moral-de-francisco-12436
Noticia 5: Nadal épico.
https://www.abc.es/deportes/tenis/abci-nadal-medvedev-directo-201909082111_directo.html
Noticia 6: Se encuentra un tiburón
en las playas de Málaga.
https://www.12minutos.com/5a44dc47b3659/se-encuentran-un-
tiburon-en-las-playas-de-malaga.html
Noticia 7: Cuatro de cada diez
jóvenes que caen en paro en la UE son españoles.
https://www.elmundo.es/economia/macroeconomia/2023/01/09/
Noticia 8: Zelenski amenaza con
organizar un referéndum ilegal de independencia para convencer a
España de enviar sus tanques inmediatamente.
https://www.elmundotoday.com/2023/01/zelensky-se-plantea-
organizar-un-referendum-ilegal-de-independencia-para-
convencer-a-espana-de-enviar-tanques-inmediatamente/
Noticia 9: Un niño muy ecologista
pide a Papá Noel 200.000 botellas de vidrio para poder
reciclarlas.
https://www.elmundotoday.com/2022/12/un-nino-muy-ecologista-
pide-a-papa-noel-200-000-botellas-de-vidrio-para-poder-reciclarlas/
Noticia 10: Madrid cierra por el
virus colegios y universidades.
https://www.elperiodico.com/es/sociedad/20200309/madrid-
suspende-clases-coronavirus-7882463
Agora é a hora da verdade, respondede este cuestionario usando os resultados das vosas investigacións:
Ben feito detective. Penso que estás preparado para facerlle fronte ao Líder dos Robots. Agora non o terán fácil á hora de sembrar o caos a base de Fake News. Ainda así pedímosche un último esforzo. Imos darlle unha volta a todo o aprendido neste COMPARA E CONTRASTA:
Ao inicio díxenche que tiñas unha misión secundaria.
Descubriches xa onde está o erro provocado polo pirateo que ordeou o Líder dos Robots de esta páxina web?
Unha pista por se non fuches quen: fíxate ben no título da páxina web na cabeceira da mesma...
BEN FEITO DETECTIVES!