|
QuERO LOITAR |
|
SEMANA 1
Este maldito virus está a
atacar moi forte. A rede de detectives estará confinada
durante quince días nas súas casas por ordes gubernamentais
e o Líder dos Robots ofreceuse, nunha iniciativa sen
precendentes, para voltar á historia á normalidade.
|
Dumas Davy da Pailleterie ( Villers- Cotterêts, 24 de xullo de 1802- Puys, preto de Dieppe, 5 de decembro de 1870), máis coñecido como A. D., foi un novelista e dramaturgo francés. As obras de A. D. foron traducidas a case cen idiomas e é un dos franceses máis lidos. Varias das súas novelas históricas de aventuras publicáronse en formato de series, como O conde de Montecristo, Os tres mosqueteiros, Vinte anos despois e O vizconde de Bragelonne. As súas novelas foron adaptadas desde principios do século XX en case duascentas películas. Escritor prolífico en diversos xéneros, comezou a súa carreira escribindo obras de teatro. Escribiu artigos en revistas e libros de viaxe. Os seus traballos suman case 100 000 páxinas.
Agora que vas ter moito tempo...apetéceche ler unha das obras de aventuras máis recoñecidas do noso escritor? AQUÍ tes o libro completo para descargalo.
Se o teu non é ler, podes botar un ollo ao seguinte vídeo onde se conta a historia do libro.
J.
G. V.
(Nantes, 8 de febreiro de 1828- Amiens, 24 de marzo de
1905), foi un escritor, poeta e dramaturgo francés coñecido
polas súas novelas de aventuras e pola súa profunda
influencia no xénero literario da ciencia ficción. Agora que vas ter moito tempo...apetéceche ler unha das obras de aventuras máis recoñecidas do noso escritor? AQUÍ tes o libro completo para descargalo.
Se o teu non é ler, podes botar un ollo ao seguinte vídeo onde se conta a realidade que J. V. narra na historia dun dos séus libros.
A. de S-E. (Lyon, 1900 - no mar Tirreno, 1944) Novelista e aviador francés; as súas experiencias como piloto foron a miúdo a súa fonte de inspiración. Terceiro dos cinco fillos dunha familia da aristocracia (o seu pai tiña o título de vizconde), Antoine de Saint- Exupéry viviu unha infancia feliz nas propiedades familiares, aínda que perdeu ao seu proxenitor á idade de catro anos. Estivo moi ligado á súa nai, cuxa sensibilidade e cultura marcárono profundamente, e coa que mantivo unha voluminosa correspondencia durante toda a súa vida.
O seu interese pola mecánica e a aviación remóntase á infancia: recibiu o bautismo do aire en 1912, e a paixón de voar xa non o abandonaría nunca. Despois de seguir estudos clásicos en establecementos católicos, preparou en París o concurso de entrada na Escola naval, pero non logrou o seu obxectivo e inscribiuse en Belas Artes. Puido aprender o oficio de piloto durante o seu servizo militar na aviación, pero a familia da súa noiva opúxose a que se incorporase ao exército do aire, polo que se resignou a exercer diversos oficios, á vez que frecuentaba os medios literarios.
Agora que vas ter moito tempo...apetéceche ler unha das obras de aventuras máis recoñecidas do noso escritor? AQUÍ tes o libro completo para descargalo.
Se o teu non é ler, podes botar un ollo ao seguinte vídeo onde se conta a historia do libro.
PISTAS:
1. O Líder da Resistencia é un escritor 2. O Líder da Resistencia é francés. 3. O Líder da Resistencia naceu no século XIX 4. O Líder da Resistencia anticipouse nas súas obras a moitos acontencementos que virían no futuro.
Cal de
eles é o líder da Resistencia? Envía a túa resposta por correo electrónico o teu profesor/a de Sociais.
manuelvazquez@lagrandeobradeatocha.com ameliaboquete@lagrandeobradeatocha.com helenarey@lagrandeobradeatocha.com noelialedo@lagrandeobradeatocha.com nuriagarcia@lagrandeobradeatocha.com camilocastro@lagrandeobradeatocha.com irenebodelo@lagrandeobradeatocha.com
Agora que descubriches a identidade do noso Líder, necesitamos que aprendas a loitar contra o virus dentro dos nosos laboratorios. Este simulador é o primeiro paso para unha futura contención do virus. Moita sorte detective.
|