|
SORPRESA!!!!! |
|
SEMANA 6
Confinamento forzoso, día 38...
Ainda que parece que o virus está na curva de contención, todas as actividades no exterior están conxeladas, o Líder da Resistencia sabe que as forzas están xustas e quere animar ás tropas. Estando na casa sen poder sair, a única maneira de levantar os ánimos é soñar, e de eso sí que saben os nosos detectives...
|
Que tal
rapaces?
ESQUEMA XERAL DO TRABALLO NESTA SEMANA
Destino: País Europeo. Duración: 5 días. Orzamento: 26250 euros para cada aula de 25 alumnos. Lugares a visitar: tres cidades de elección obrigatoria e unha libre Visitas a realizar: tres visitas de carácter cultural, unha delas relacionada coa arte, outra coa natureza e outra coa historia do país. Dúas visitas de carácter lúdico a escoller libremente.
Cando remates todas as tarefas terás o final da páxina un documento de Word descargable, completa nel as respostas requeridas e envíallo por mail ó teu titor/a e os profes de Sociais e Naturais e Galego.
Iniciaremos un proxecto baixo o título de Detectives da Historia.... travel edition. Na primeira semana elexiremos un destino dentro de Europa, a nosa elección do país dependerá duns parámetros que proporcionará o líder da Resistencia. Ademais seleccionaremos o itinerario e as visitas lúdicas e culturais, así coma os medios de transporte e lugares de aloxamento. Para rematar escribiremos un texto argumentativo, xustificando a elección do lugar escollido para a viaxe.
Este proxecto, é un proxecto multidisciplinar, por iso abarca todas as disciplinas, educación artística (plástica e música), matemáticas, lingua castelá, galega e inglesa, coñecemento do medio, E. Física, Inglés e integra tamén o uso das TIC.
As tarefas están organizadas por materias, e irán aparecendo cada semana. Envía por mail ó teu titor/a o traballo que remates ó final da semana.
Como sabemos que unha das couasas que máis botades en falta é facer deporte, colocaremos neta tarefa un monográfico de xogos deportivos, sabemos que non é o mesmo, pero podemos ir "matando o gusanillo". Que tal xogas o tenis?
PRIMEIRA SEMANA: Escolle ben...deixa voar a túa imaxinación
PARTE I: escolle o país
A primeira parte da tarefa desta semana consistirá na elección dun país para realizar a viaxe e un itinerario dentro do propio país. A elección verase condicionada por unha serie de parámetros dados en relación a unhas características físicas que debe ter ese país. O país debe cumprir un dos tres parámetros que damos a continuación. É importante que anotes nunha lista organizada os países que coinciden cos parámetros para facilitar logo a túa elección:
Parámetros para a
selección de país: Nesta ligazón podes consultar a táboa simple na que se amosan os ríos máis longos de Europa: https://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:R%C3%ADos_m%C3%A1s_largos_de_Europa Unha vez teñas os nomes dos ríos, averigua o territorio polo que discurren, se escribes o nome do río na Wikipedia, á dereita verás unha lista dos países que atravesa.
Unha curiosidade: Agora que tes claro cales son os países que encaixan dentro do primeiro parámetro, sabes cales son os ríos máis longos do mundo?
Nesta ligazón atoparás información sobre as montañas máis altas de Europa: https://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:Monta%C3%B1as_de_Europa
Unha curiosidade: Queres coñecer as sete montañas máis altas do mundo e en que continente se atopan?
Bótalle un ollo ó mapa para localizar os países bañados polo mar.
Agora que xa tes rematada a lista cos posibles países, toca escoller. A que país iremos de viaxe?
Un descanso antes de comenzar coa segunda parte da tarefa. Xa sei que xogas ben ó fútbol, pero este vaite custar un anaco...
Unha vez seleccionado o país imos fixar os itinerarios da viaxe, lembra que se tráta dunha viaxe de 5 días e tes que ter en conta que o primeiro e o último día é necesario controlar o tempo que necesitamos para chegar e marchar do país (traslados ao aeroporto, tempo de espera por voos internacionais, tempo de voo, traslados a chegada ao hotel...). Igual de importante é que teñas en conta a diferencia horaria do país de destino con respecto ao país de orixe.
1: Deberedes localizar as tres cidades con máis habitantes para comezar o itinerario. Esas cidades deben estar de maneira obrigatoria no percorrido. Ademais desas tres, debes elixir como mínimo outra máis. Coidado coas distancias entre elas, os desprazamentos internos realizaranse en autobús e debes de ter en conta o tempo de desprazamento necesario para moverte dunha a outra.
Se todo foi ben ata o de agora, poderás cubrir este pequeno resumo:
1 Nome do País: 2 Cidades obrigatorias a visitar: 3 Cidade voluntaria a visitar: 4 Visitas de carácter cultural: a) relacionada coa arte: b) relacionada coa natureza: c) relacionada coa historia: Visitas de carácter lúdico:
PARTE IV: TEXTO ARGUMENTATIVO
Atento as seguintes instrucións:
Nesta última parte da tarefa terás que escrbir un texto argumentativo (en galego) para tratar de convencer aos teus compañeiros e viaxar ó país elexido por ti cunha extensión mínima de 10 liñas.
Última experiencia deportiva desta tarefa, sabes xogar ao golf?
LEMBRA QUE A PARTIR DESTA SEMANA CONECTARÉMONOS DÚAS HORAS PARA AS CLASES. Novos horarios semanais para vernos en free conference call:
MÉRCORES E VENRES
Amelia: 11:00 a 11:45 clave para conectarte: ameliaboquete Mari Carmen: 12:00 a 12:45 clave para conectarte: carmenlopez Irene: 16:00 a 16:45 clave para conectarte: irenebodelo Manuel: 17:00 a 17:45 clave para conectarte: manuelvazquezbarral
Para calquera dúbida aquí tes os nosos mails. Escríbenos se o necesitas, estamos para axudarte. Vémonos pronto detective.
CORREOS ELECTRÓNICOS:
ameliaboquete@lagrandeobradeatocha.com manuelvazquez@lagrandeobradeatocha.com irenebodelo@lagrandeobradeatocha.com carmenlopez@lagrandeobradeatocha.com camilocastro@lagrandeobradeatocha.com helenarey@lagrandeobradeatocha.com
Neste enlace tes un solucionario para comprobar que tal fixeches as tarefas da semana anterior:
Lembra que esta semana ademais do teu titor/a, enviarás as tarefas ós profes das materias correspondentes: Sociais e Naturais e Galego. Así que na dirección de envío, deberás escribir as dos profes correpondentes xunto coa do teu titor/a. Aquí tes o documento descargable:
DOCUMENTO DESCARGABLE PARA ENVIAR AO TITOR/A
|