|
AL-ANDALUS |
|
TAREFA 3 Século VII, na Península Arábiga xurdirá unha nova relixión: o Islam. Cara ao ano 620, na Meca, Mahoma comezou a predicar esta nova relixión que se estendería rápidamente por oriente e o norte de África. Ano do 711, en pouco tempo as hordas musulmás dominaron practicamente toda a Península Ibérica. O rei Visigodo Don Rodrigo enfrontouse no rio Guadalete os exércitos de árabes e bereberes ao mando de Táriq Ibn Ziyad, e foi derrotado. A península vese abocada a vivir durante oito séculos baixo a bandeira da media lúa e a estrela.
Necesitamos a vosa axuda,
detectives. Sabemos, grazas a unha información recabada
polos nosos espías no futuro, que o Líder ordenou o
asasinato de Isabel a católica. Pescudade a identidade do
asasino e neutralizádeo. |
1 Ordena cronoloxicamente as etapas da dominación musulmá na Península.
A
conquista.
AS CIDADES As cidades de al-Ándalus estaban rodeadas por unha muralla que as protexía. Na parte máis alta da cidade se levantaba a alcazaba, que era unha gran fortaleza militar. Alí refuxiábanse en época de guerra os habitantes da cidade e os campesiños dos arredores. O centro da cidade era a medina, onde vivían os artesáns e comerciantes e cuxas rúas eran estreitas e tortuosas. Nelas atopábanse os edificios máis importantes, como as mezquitas, que eran lugares de oración e estudo, e os baños. O zoco era a praza do mercado e punto de reunión. As casas tiñan un ou dous pisos e estaban formadas por habitacións abertas a un patio interior. Nos arredores estendíanse os arrabales, que eran barrios nos que vivían persoas dunha mesma relixión ou que realizaban un mesmo oficio. Nas cidades traballaban moitos mercadores e artesáns. Os mercadores compraban teas, especias e outros produtos en países lejanos e logo vendíanos no zoco. Os artesáns elaboraban obxectos de coiro, metal, vidro ou cerámica.
Completa o seguinte crucigrama:
A SOCIEDADE
A
sociedade en al-Ándalus estaba formada por xentes de
distintas relixións e costumes. O grupo máis poderoso estaba
constituído por os conquistadores e os seus descendentes,
árabes e bereberes: os árabes tiñan as mellores terras e
cargos de goberno. Os bereberes eran máis numerosos, pero
tiñan menos beneficios.
2 Une con frechas para conformar as definicións, cando esté ben cópialas no teu caderno:
INFLUENZA DE al-ÁNDALUS
3 Escribe exemplos das innovacións que introduciron os árabes na Península Ibérica, se necesitas axuda completa o seguinte puzzle para atopar algunha pista:
4
Escribe un relato para incluir no Libro das "Mil e unha
noites" de 5º de Primaria. (Lengua Española)
|