|
TODOLOS CAMIÑOS CONDUCEN A
ROMA |
|
TAREFA 1 O camiño é perigoso, os humanoides MVB70 saben da nosa presencia; ademas deberás infiltrarte nunha das cidades mais complexas que coñeceu a antigüidade: Roma. Vai amodiño, estuda primeiro as súas tradicións, escolle ao teu lider e entra na aventura... A vida de Julio César está nas túas mans...
|
1. Para ter presente como debes actuar a partir de agora investiga cales son os teus dereitos e deberes como cidadán ou escravo; prepara con eles un póster para colocar nun sitio visible da aula. Completar este puzzle pode axudar na tarefa.
2. Dinámica do 1, 2, 4: Que tres formas de goberno se deron na Antiga Roma?
3. Moverse pola cidade non é unha tarefa doada, para pasar desapercibido debes coñecer a urbe coma a palma da túa man.
Investiga como eran as cidades romanas e realiza un plano coas pricipais edificacións que poderíamos atopar naquela época. Coloca na parte de atrás da ficha unha breve explicación dos edificios mais importantes. Aquí tes unha axuda:
4. PARA OS CIDADÁNS: Escolleremos por sorte un par de patricios de entre os cidadáns, estos farán campaña política para converterse en senadores. A metade dos cidadáns apoiará e axudará a un candidato e a outra metade ao outro. Os dous patricios deberán preparar un discurso electoral para ler os cidadáns que reflexe a súa estratexia política no hipotético caso de que se converteran en senadores. PARA OS NO CIDADÁNS: Escolleremos por sortes quen será escravo e quen liberto. De entre os escravos escolleremos un representante a sortes e de entre os libertos outro... Escóitanse voces que proclaman que un home moi cercano o senado preocúpase polos dereitos dos non cidadáns. Escollede un lider da resistencia que tente conectar co senador. A metade dos non cidadáns apoiará e axudará a un candidato (liberto) e a outra metade o outro (escravo). Os dous non cidadáns elexidos deberán preparar un discurso electoral para ler os non cidadáns que reflexe a súa estratexia para achegarse o senado e conectar co senador.
|