|
||
2 A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL | ||
A ERA DAS MÁQUINAS COMENZA... Neste periodo histórico completa as dúas tarefas que teñes encomendas, por cada tarefa rematada obterás un punto de cualificación para traballar como operario nunha fábrica. Os erros permitidos para conseguir a cualificación están especificados en cada tarefa.
A Revolución Industrial ou Primeira Revolución Industrial é o proceso de transformación económica, social e tecnolóxica que se iniciou na segunda metade do século XVIII en Gran Bretaña, que se estendeu unhas décadas despois a gran parte de Europa occidental e Norteamérica. Durante este periodo viviuse o maior conxunto de transformacións económicas, tecnolóxicas e sociais da historia da humanidade, que viu o paso desde unha economía rural baseada fundamentalmente na agricultura e o comercio a unha economía de carácter urbano, industrializada e mecanizada. É polo tanto o inicio da era da tecnoloxía e onde imos entrar directamete en contacto coas máquinas. A túa tarefa consiste en infiltrarte nunha fábrica para controlar o proceso de producción e descubrir que trama o lider supremo.. |
||
TAREFA 1 TAREFA 2 |
||
|
||