|
||
3 WW I | ||
A GRAN GUERRA... A Primeira Guerra Mundial comenza en 1914 e remata en 1918. As principais causas do enfrontamento foron: a loita polo control das colonias do mundo e, con respecto a Europa, o rexurdimento de antigos enfrontamentos territoriais. O asasinato en Sarajevo do Archiduque Francisco Fernando de Austria, herdeiro ao trono do imperio Austrohúngaro, o 28 de xuño de 1914, foi o detonante da guerra. Como consecuencia deste atentado, o imperio Austrohúngaro, coa axuda de Alemania, vai declarar a guerra a Serbia; entón o sistema de alianzas creado anos antes púxose en funcionamento e Rusia mobilizouse a favor de Serbia e lanzou os seus exércitos contra Austria. Pronto, o conflito, vai ir a diferentes estados europeos, os cales se dividiron en dous bandos. Por unha banda loitaban as denominados Potencias Centrais: Autro-Hungría e Alemaña; e polo outro, os Aliados: Serbia, Rusia, Francia e Reino Unido…
A túa misión consiste en que a guerra remate sen alteracións significativas, sabemos que os androides tentarán por todos os medios cambiar o curso da Historia, o que non sabemos é como, a clave é atopar ao soldado Karl Schmidt... |
||
TAREFA 1 TAREFA 2 |
||
|
||