1 A Historia e as súas etapas
Imos facer un alto no camiño para preguntarnos como chegamos ata este punto, que sucedeu para que as ansias de poder fixeran que o home queira domiñar o planeta sometendo os seus conxéneres. A historia comenza hai miles de anos...
Os científicos cren que a Terra ten unha antigüidade de 4500 millóns de anos, pero os antepasados do ser humano apareceron hai tan só 2 millóns de anos. Ainda que non o creas, é pouco tempo.
A historia é a ciencia que estuda
a evolución do ser humano no planeta Terra.
Para coñecer a Historia, os historiadores usan
documentos e testemuños que nos informan sobre o
pasado. Estes materiais reciben o nome de fontes
históricas.
Para comprender mellor a Historia, ordeamos os feitos no tempo. O tempo agrúpase en unidades de medida:
1 milenio = 1.000 anos
1 século = 100 anos
1 década = 10 anos
1 lustro = 5 anos
Na nosa cultura contamos os séculos a partir do
nacemento de Cristo. Se os feitos ocorreron
antes do seu nacemento, escribimos as letras
a. C. Se ocorreron despois, escribimos as
letras d. C.
Para poder estudar o pasado, os historiadores dividiron a Historia nunha serie de etpas chmadas idades históricas.
Ordea a diferentes etapas históricas nesta liña de tempo:
2 O Paleolítico
As fontes materiais e os estudos cinetíficos desvelaron que, nas súas orixes, o ser humano vivu unha grande aventura na que era necesario ser forte e intelixente. Os nosos antepasados cazaron mamuts, inventaron linguaxe, sobreviviron a longos periodos fríos e dominaron elementos tan perigosos coma o lume.
O Phehistoria é un longo período histórico que os historiadores dividiron en tres etapas: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais.
O Paleolítico comenzou coa aparición en África dos primeiros antepasados do ser humano.
No video anterior fálase de un tipo de pinturas que nosos antepasados facían nas covas. Completa o crequecabezas para descubir máis cousas sobre as pinturas rupestres:
Os primeiros humanos eran nómadas, é dicir, viaxaban dun sitio a outro para achar mandas de animais para cazar, froitos que recoller ou ríos onde pescar. Nas súas viaxes aloxábanse en covas ou pequenas cabanas. A vida nómada levou os humanos a sair de África; así chegaron os demáis continentes.
Como era a vida nas tribos?
Os primeiros homínidos vivían en tribos. A vida
en sociedade levounos a desenvolver habilidades
sociais, a linguaxe e a caza en grupo.
Tamén tallaron as primeiras ferramentas, para o
que usaron pedra, oso e marfil. Utilizábanas
para cazar, pescar e coser.
O grande avance do Paleolítico foi o dominio do lume. Con él, as persoas puideron quentarse durante os períodos máis fríos da existencia humana, iluminar covas, cociñar e protexerse dos animais salvaxes.
Completa correctamente o Videoquizz de repaso:
3 A revolución do Neolítico
Que cousa máis rara...Superboy desscubre que é un heroe para os xenomorfos:
Imaxinas cambiar de fogar varias
veces ao no e camiñar coas tuas cousas no
ombreiro durante miles de kilímetros? As persoas
que viviron no Neolítico acharon o modo de
evitalo.
O Neolítico foi a etapa da Prehistoria posterior
ao Paleolítico. Naquel período fixéronse avances
e descubrimentos que cambiaron o modo de vida da
humanidade. Foi a revolución neolítica.
A observación da natureza permitiulles aos humanos coñecer as plantas e os animais, e desenvolver agricultura e gandería. Ao producir os seus propios alimentos, puideron abandonar o nomadismo e construir poboados estables. Apareceu así a vida sedentaria.
Completa o crequecabezas para descubrir máis cousas sobre o Neolítico:
O Neolítico foi unha época de grandes inventos, a agricultura e a gandería impulsaron a fabricación de novas ferramentas:
- Fabricáronse utensilios de
pedra pulida, máis elaborados que no
Paleolítico, e xurdiu o arado para cultivar a
terra.
- Para gardar e cociñar alimentos moldeáronse
vasillas de cerámica. Para a súa fabricación
usáronse a roda e o forno.
- Dos animais e mais dos cultivos obtivéronse
fibras como a la e o liño. O invento do tear
permitiu usar esas fibras para fabricar tecidos.
Na seguinte imaxe tes algúns dos inventos que acabamos de estudar. Noméaos e di para que sirven:
Un último repaso:
Imos facer un repaso do Paleolítico e Neolítico:
4 A Idade dos Metáis
O último grande descubrimento da Prehistoria foron os metais.
A finais da Prehistoria desenvolveuse a metalurxia, e dicir, as persoas aprenderon a fundir metais en fornos, moldealos e pulilos. Así comenzou a Idade dos Metais. O primeiro metal que o se humano uilizou foi o cobre, un metal brando usado para facer xoias. Máis tarde fabricou ferramentas e armas con metais máis duros como o bronce e o ferro.
Traballar o metal era difícil, polo que apareceron os traballadores especializados como os ferreios. Tamén se especializaron os oleiros, os teceláns ou os gandeiros, entre outros. Cada un fabricaba agora un produto distinto e intercambiábanos. Este comercio sen moedas chámase troco.
Os novos transportes, como o barco de vela ou os carros con rodas, permitiron comerciar con lugares afastados ricos en metal; esta szonas enriquecéronse e os poboados convertíronse en pequenas cidades.
Para protexer estas cidades levarantáronse murallas e escolléronse guerreios, un deles era elexido xefe.
Completa o crequecabezas para saber máis da Idade dos Metais:
Cinco cousas que debes saber sobre a Idade dos Metais:
Resposta ao cuestionrio sobre o video anterior:
A humanidade segue en perigo...oiches falar do proxecto BlockBuster?
FIN DA PARTE I