STAR WARS: CONQUEST OF THE EARTH
PRIMEIRO TRIMESTRE
STAR WARS: CONQUEST OF THE EARTH
PRIMEIRO TRIMESTRE
A amenaza do Imperio está cada vez mais cerca. Os superdestructores espaciais comandados por Lord Vader asolan a Galaxia.
Os integrantes da resistencia escondidos no sistema solar andan a procura de vida nos diferentes planetas da Vía Láctea. O plan é atopar especies que teñan o suficiente poder como para converterse en futuros Jedi.
Obi-Wan manda unha mensaxe a Yoda para que viaxe o planeta para dirixir as operacións, pero o maestro Jedi está desaparecido dende a batalla librada contra o conde Duku.
Rey, descendente directa dunha saga de Jedis lexendarios é a encargada de atopar o mestre...
MISIÓN 2:
REINO VEXETAL
FOTOSÍNTESE: O INICIO DA VIDA
CON FLOR OU SEN FLOR: O ASPECTO NON IMPORTA
OPENING...
MISIÓN 2:
REINO VEXETAL
1 FOTOSÍNTESE: O INICIO DA VIDA
As plantas son
seres vivos capaces de realizar a fotosíntese e proporcionar
osíxeno ao medio. Coñecer as súas características e como
desenvolven as súas funcións vitais axudaranos a entender a
súa importancia para a vida na Terra. As plantas son seres
vivos pluricelulares (compostos por varias células), que
viven fixados a unha superficie e fabrican o seu propio
alimento mediante un proceso chamado fotosíntese.
A través da fotosíntese, as plantas utilizan a luz do sol
para producir o seu propio alimento, a partir da auga e os
sales minerais do chan e do dióxido de carbono do aire. Ao
facer isto, as plantas producen ademais osíxeno, que
expulsan ao aire que as rodea. Este osíxeno pode ser
utilizado polos demais seres vivos para respirar. Ao
respirar, os seres vivos xeramos dióxido de carbono, que
expulsamos ao aire que nos rodea. Desta maneira, créase un
ciclo no que os refugallos xerados por un ser vivo son
aproveitados por outros.
Cando un ser vivo se alimenta de materia inorgánica, como o dióxido de carbono, a auga ou os sales minerais, dicimos que é autótrofo.
TAREFA: Imos facer un debuxo onde se explique correctamente como se fai o proceso da fotosíntesis.
Yoda foi un membro masculino dunha especie misteriosa. Era un reverenciado Mestre Jedi que serviu como Gran Mestre da Orde Jedi nos últimos días da República Galáctica. Era famoso dentro da Orde pola súa sabedoría, poderes da Forza e combate con sabres de luz. O seu tempo durante os últimos días da Orde Jedi e máis aló converteuno nunha figura consecuente na historia galáctica.
Necesitámosche Padawan...
O equilibio da galaxia está en perigo.
Nosos espías descubriron unha cmunicación en clave que
contén unha serie de pistas do paradoiro de Yoda.
Responde ben a todas as preguntas e atoparás ao mestre.
Que a sorte che acompañe!
2 CON FLOR OU SEN FLOR: O ASPECTO NON IMPORTA
Ao mirar ao noso redor, podemos observar a gran diversidade de plantas que existe, todas con tamaños, cores e formas diferentes. Con todo, aínda que o reino das plantas é moi variado, estas pódense clasificar en dous grandes grupos: plantas sen flores e plantas con flores.
As plantas sen flores tamén se chaman criptógamas. Son o grupo de vexetais máis primitivo e, ao non posuír flores, tampouco teñen froitos nin sementes. As plantas sen flores, a diferenza das plantas con flores, non se reproducen mediante sementes senón mediante esporas. As esporas son unicelulares (constituídas por unha única célula) e poden ser transportadas pola auga e o vento dun sitio a outro, ata que xerminan e dan lugar a outro ser vivo. Dentro das plantas sen flor atopamos o musgo e os fentos.
As plantas
con flores chámanse fanerógamas e reprodúcense mediante
sementes. O seu corpo está formado por raíz, caule, follas e
flores. Todas estas partes intercambian substancias como
auga, sales minerais ou nutrientes a través dos vasos
condutores que as atravesan. Constitúen o grupo de plantas
máis complexas.
As fanerógamas poden clasificarse en dous grupos, segundo se
as súas sementes están protexidas ou non por un froito:
As plantas sen froito ou
ximnospermas:
son plantas cuxa semente non está protexida por un froito. A
miúdo, a súa semente atópase rodeada por unha estrutura
leñosa e ríxida, de forma alongada, chamada piña. Este grupo
está formado por plantas con follas perennes, é dicir, que
se manteñen na planta durante todo o ano. As súas follas
poden ser alongadas, como as dos piñeiros.
As plantas con froito ou anxiospermas: son plantas cuxas sementes se atopan no interior dos froitos. Son o grupo de plantas máis numeroso. Os seus caules son leñosos ou herbáceos, de maneira que este grupo non está constituído só por árbores. As súas follas poden ser perennes, ligadas á planta todo o ano, ou caducas, que caen durante algunhas épocas do ano.
Proba a tua forza...Desafía un Jedi:
TAREFA: Imos facer un herbario. Nel debemos colocar un exemplo de cada tipo de planta que estudamos no reino das plantas...pero, como se fai un Herbario?
PASOS NECESARIOS:
1. Recolección
de mostras
Para facer un herbario necesitamos colleitar plantas e
identificalas. Cando salgamos ao campo pódenos servir de
axuda levar:
Tesoiras (para cortar talos de forma máis limpa)
Un cartafol con papeis de xornal dentro (para gardar as
mostras de plantas, cada unha nun papel de xornal, ata que
cheguemos a casa)
Guía de plantas, árbores, arbustos (para axudarnos a
identificar as plantas que imos colleitar)
2.
Prensar as mostras
Ao chegar a casa temos que prensar nosas mostras para poder
conservalas no noso herbario. Para asegurarnos de que as
mostras se sequen ben debemos prensarlas durante polo menos
un par de semanas, mesmo máis tempo se se trata de mostras
grosas.
Materiais que necesitaremos:
Papel secante, de xornal ou de cociña.
Anacos de cartón do mesmo tamaño que o papel.
Prensa de plantas, ou ben unha prensa caseira, ou ben varios
libros pesados.
Para prensar as mostras:
Colocamos un papel de xornal, papel secante ou papel de
cociña sobre un anaco de cartón.
Poñemos as mostras sobre o papel con coidado de que non se
engurren e non se toquen unhas con outras.
Cubrimos con outro papel e con outro anaco de cartón.
Se utilizamos unha prensa, pechamos a prensa. Se utilizamos
libros, colocámolos encima.
3. Montar as
mostras no herbario
Para montar o noso herbario imos necesitar:
Cartolinas ou follas de papel groso, ou ben un caderno en
branco
Cinta adhesiva (tipo washi-tape) ou pegamento
Bolígrafo ou lapis
En cada cartolina fixaremos a mostra con fixo ou con
pegamento, e se colleitamos sementes ou algunha parte que
non se poida pegar, podemos facer un sobrecito de papel e
pegalo na parte superior da cartolina para gardar aí as
sementes. Na parte inferior da cartolina poñeremos a
información da mostra:
Nome da mostra.
Lugar onde se efectuou a recolección (rexión, provincia,
municipio, lugar ou poboación máis próxima).
Hábitat ( ca racterísticas do os seustrato, tipo de chan,
altitude, orientación, comunidade vexetal e especies coas
que convive).
Data da recolección.
Nome da persoa que levou a cabo a recolección, que se indica
precedido da abreviatura Leg.