STAR WARS: CONQUEST OF THE EARTH
SEGUNDO TRIMESTRE
STAR WARS: CONQUEST OF THE EARTH
SEGUNDO TRIMESTRE
Luke atopa unha pista que
pode ser decisiva para o futuro da Galaxia nun antiguo
templo na Terra.
A fonte da vida e o inicio da raza humana pode estar nun
antiguo planeta no centro da Galaxia: Corustacan.
Se existe algunha posibilidade de que os humanos podan ser
cabaleiros Jedi podería estar nese planeta...
MISIÓN 1:
RELEVO
O RELEVO TERRESTRE: ATACAR POR TERRA...
O RELEVO ACUÁTICO: DEFENDER POR MAR...
OPENING...
MISIÓN 1:
RELEVO
A ORIXE DE SKYWLAKER
Tatooine era un planeta desértico escasamente habitado situado nos Territorios do Bordo Exterior da galaxia. Servio como o planeta natal de Luke Skywalker, que lle daría forma á historia galáctica. Parte dun sistema estelar binario, o planeta era oprimido polos soles abrasadores, o que provocou que o mundo carecese das augas superficiais necesarias para soster grandes poboacións. Como resultado, moitos residentes do planeta sacaron auga da atmosfera a través de granxas de humidade.
1 O RELEVO TERRESTRE: ATACAR POR TERRA...
"Se sacrificamos o noso código, mesmo pola vitoria, podemos perder o que é máis importante, a nosa honra"- OBI-WAN
O relevo é o conxunto de formas
que presenta a codia terrestre. Estas formas fóronse
modelando ao longo do tempo por mor da acción dos chamados
axentes xeolóxicos.
Os axentes xeolóxicos internos son os que xeran as formas do
relevo. Están causados pola enerxía interna da Terra, que
provoca o movemento das placas litosféricas ou tectónicas.
Este movemento orixina as cordilleiras, os volcáns e os
terremotos.
Os axentes xeolóxicos externos son os que modifican as
formas do relevo, como a auga e o vento.
O relevo de interior
O relevo de interior está constituído por todas aquelas formas que se atopan en zonas de interior, é dicir, en zonas que non están en contacto coa auga de océanos e mares.
Algunhas das principais formas
do relevo de interior son as seguintes:
As montañas: son grandes
elevacións do terreo.
Os outeiros: son elevacións do
terreo menores que unha montaña.
As serras: están formadas por
un conxunto de montañas aliñadas.
As cordilleiras: son
agrupacións de serras.
Os macizos: son conxuntos de
montañas non aliñadas.
As chairas ou planicies: son
grandes extensións de terreo chairo e horizontal, polo que
non presentan formas de relevo elevadas.
As mesetas: son chairas
situadas a unha determinada altitude.
As depresións: son chairas
situadas a un nivel máis baixo que a zona que as rodea.
Os vales: son zonas baixas
situadas entre dúas ou máis montañas. Cando discorre por
elas un río, denomínanse vales fluviais.
Os barrancos: son vales moi
estreitos cuxas paredes son moi verticais.
Despois da destrucción da Estrela da Morte, Luke é coñecido como un dos pilotos máis importantes na Galaxia. Estarás ti a súa altura?
2 O RELEVO ACUÁTICO: DEFENDER POR MAR...
"Cando me vaia eu, dos Jedi, o último serás"- YODA
O relevo litoral
O
relevo costeiro está constituído por todas aquelas formas
que se atopan en contacto co mar. Algunhas das principais
formas do relevo costeiro son as seguintes:
As praias:
son zonas costeiras chás onde se
acumula a area.
Os cantís:
son pendentes verticais montañosas en
contacto co mar.
Os cabos:
son entrantes de terra no mar.
Os golfos:
son entrantes de mar na terra. Cando son pequenos
denomínanse baías.
As calas:
son pequenas baías rodeadas de rochas.
As penínsulas: son porcións de terra rodeadas de auga por
todos os lados menos por un, denominado istmo.
Os estreitos:
son franxas de auga que separan dúas
masas de terra próximas.
Os deltas:
están formados por acumulacións de
sedimentos (rochas, pedras, area, etc.) que son arrastrados
polos ríos e se acumulan nas súas desembocaduras. Para que
estes se formen, na costa deben darse poucas correntes e
mareas, de maneira que os materiais non sexan arrastrados.
As illas:
son porcións de terra rodeadas de auga por todas partes.
Os arquipélagos:
son conxuntos de illas.
TAREFA:
Agora que xa temos claro como está constituido o relevo terrestre, imos elaborar un documento para a resistencia que teña os puntos mais importantes do relevo do noso país: España.
Prepárate a confeccionar un Atlas que contendrá as seguintes láminas (podes debuxalas ou mercar un mapa físico onde se atopen os accidentes xeográficos que terás que atopar):
1 Lámina cos montes, montañas, cordilleiras e macizos.
2 Lámina cos ríos.
3 Busca e copia as seguintes definicións:
Montaña:
Serra:
Macizo:
Chaira:
Depresión:
Val:
Illa:
Delta:
Golfo:
Cabo: